Investigados como supostos autores dun delito de cultivo de plantas de marihuana

Axentes da Garda Civil investiga a dous veciños de Pena de Nogueira en Negueira de Muñiz, como supostos autores dun delito de cultivo de drogas ao incautárselles un total de 32 plantas de cannabis .

As plantacións atopábanse no interior de dúas vivendas de pedra abandonadas, as cales non teñen tellado, o que facilita: por unha banda a entrada da luz do sol e por outra ocultalas das miradas desde o exterior ao estar tapadaspolas catro paredes laterais.

Unha das vivendas contaba con 26 plantas de tamaño medio, plantadas en maceteiros individuais de grandes dimensións, estando no momento da incautación abonadas e regadas recentemente.

Na segunda das vivendas atopáronse 6 unidades do mesmo tamaño que as anteriores e con maceteiros similares.

As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo