Isabel Rodríguez anuncia que Adif avanza no proxecto da Intermodal

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou esta mañá de que Adif deu hoxe un novo paso para dotar a Lugo dunha nova estación ferrovaria, no marco da nova área de transporte intermodal deseñada para a cidade.

A subdelegada comunicou que o Boletín Oficial do Estado publica hoxe o anuncio para contratar a redacción do proxecto da nova terminal ferroviaria e o aparcamento soterrado. Ademais do novo edificio de viaxeiros e a construcción do aparcadoiro, o proxecto inclúe un paso inferior entre os andéns da estación ferroviaria, que será de uso exclusivo para os usuarios do tren e a creación doutro paso inferior peoníl de uso libre que conectará as dúas beiras do canal ferroviario, así como a urbanización e integración urbana de toda a actuación.

Adif licita os servizos de consultoría e asistencia técnica para a redacción dos proxectos básico e de construción da estación de Lugo con presuposto de 1.117.114 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 15 meses co obxectivo de comezar as obras da nova estación do tren no ano 2020. O prazo para a recepción de ofertas estará aberto ata o día 14 de maio e a apertura de ofertas económicas será o 30 de maio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo