Javier Santín traslada á conselleira de Medio Rural as necesidades de Cervantes

O voceiro popular de Cervantes, Javier Santín, vén de trasladar á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, as necesidades do seu municipio, e que pasan fundamentalmente por articular medidas destinadas á prevención de incendios, á mellora de infraestruturas, á renovación de pastizais, ás inquedanzas das Comunidades de Montes e á nova lexislación sobre o tratamento dos xurros que xeran as explotacións gandeiras.

A xuntanza enmarcouse no obxectivo que persegue Santín de actuar “como a voz” dous seus veciños, pois Cervantes, polas súas características orográficas, medioambientais e económicas, basea case toda a súa actividade na agricultura e gandeiría; de aí que os asuntos abordados coa titular de Medio Rural estivesen centrados nesta materia.

Asemade, outro dos temas sobre os que o voceiro do PP reclamou o interese de dita consellería foi o acceso, situado na zona de Reserva, e que empregan os dezaséis gandeiros que aínda hoxe en día conducen o seu gando ata os montes de Campo del Algua, pertencentes xa a Vilafranca do Bierzo. Deste xeito, Santín explicou a Vázquez a necesidade de mellorar esta comunicación, co fin de facilitar o tránsito aos propietarios das máis de 250 vacas que son trasladadas ata as 5.000 hectáreas que estes gandeiros alugaron na localidade leonesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo