" />

Jesús Núñez intentará continuar coa alcaldía das Nogais o vindeiro 28 de maio

Jesús Manuel Núñez Díaz será o candidato do PP á alcaldía das Nogais onde se atopa á fronte do consistorio dende o ano 2011. Así o deu a coñecer a presidenta provincial do Partido, Elena Candia, destacando o rigor e a dedicación do rexedor deste municipio da comarca dos Ancares. A máxima dirixente dos populares da provincia agarda que “os veciños das Nogais volvan depositar a confianza no seu alcalde igual que fixeron no 2015 cando o partido Popular logrou revalidar maioría absoluta no municipio”.

O alcaldable popular cre “o equipo de goberno ten cumprido os obxectivos” á fronte do Concello das Nogais. Polo tanto, co aval do labor realizado Núñez Díaz amósase disposto a continuar con ese “espírito de traballo” para atender as demandas dos veciños e veciñas. O rexedor popular, e deputado provincial dende 2017, destaca o “forte apoio do Goberno da Xunta” fronte ao castigo que sufriu o municipio por parte do Goberno da Deputación Provincial, principalmente, no mandato anterior.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo