José Luis Muñoz, novo xogador albivermello

O Club Deportivo Lugo comunicou esta mañá que o central dereito José Luis Muñoz León será o novo xogador albivermello despois do acordo co Málaga C.F. que cede o xogador toda a tempada, ata o 30 de xuño do vindeiro ano. O futbolista, que xogará co dorsal 17,  adestrou xa esta mañá co equipo no campo de O ceao.

Esta mañá foi a súa presentación, e Víctor Moreno, director deportivo do club albivermello quixo agradecer ao Málaga e ao seu diretor deportivo o bo trato dispensando e todas as facilidades para poder achegar a Luis Muñoz ao CD Lugo.

Moreno declarou que era unha operación que nun principio “non estaba prevista” pero que veu precipitada polas molestias que sufre un dos centrais do equipo albivermello, Josete. Na opinión do director deportivo sería “unha irresponsabilidade grande comezar a competición con esas dúbidas”.  Posteriormente, explicou que as molestias de Josete “máis que de gravidade, é unha situación muscular que esperábamos unha recuperación óptima fai algúns días e non acaba de chegar”, polo que asegurou “as sensacións, non son de todo boas”.

Pola súa banda, Luis Muñoz foi contundente na súa intervención, o xogador ven “a competir co equipo e cos xogadores que hai no posto, non veño sendo titular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com