José Manuel Cebral, novo secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO

José Manuel Cebral Varela foi elixido Secretario Xeral da Federación de Servizos á Cidadanía no Congreso Extraordinario da FSC que se celebrou en Lugo a pasada semana. Esta candidatura contou co apoio da 85% dos delegados e delegadas.

O novo Secretario Xeral vén do sector da Administración Local, é Secretario da Sección Sindical de CCOO na Deputación de Lugo e membro da Xunta de Persoal da Deputación. Tamén se elixiu a executiva provincial que estará integrada, ademais do Secretario Xeral polas seguintes persoas: Carlos Hermida Diéguez (Administración Autonómica), Marta Alameda López (Administración Local), José Manuel Quinteiro Vicente (Administración Autonómica) e Begoña Buíde Morandeira, (Correos).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo