" />

José Manuel Franco, Presidente de Honra do PSOE da Pobra do Brollón

A Agrupación Municipal Socialista da Pobra do Brollón nomeou a José Manuel Franco Pardo, Presidente de Honra. Este veciño natural da parroquia de Castroncelos e Profesor Honorario da Facultade de Dereito da Universidade Autónoma de Madrid é o actual Secretario Xeral do PSOE en Madrid. José Manuel Franco leva militando no Partido Socialista máis de 30 anos e iniciou a súa traxectoria política en Monforte de Lemos, onde foi Concelleiro polo PSOE.

A Executiva Municipal elixiuno por unanimidade “pola súa constante implicación coa Pobra de Brollón, poñendo en valor as súas orixes e pola súa acérrima defensa das políticas sociais, a igualdade e o galeguismo”. Así o destacaron o Secretario Xeral do PSOE da Pobra do Brollón, Alfonso Alaya, e o Voceiro do Concello, Javier González. Franco Pardo agradeceu aos compañeiros da Pobra de Brollón este nomeamento e subliñou que “é un auténtico orgullo poder ser o Presidente desta agrupación, pois teño verdadeiros amigos aquí.

Este recoñecemento é moi especial para min pois a miña familia é de aquí e parte do meu corazón está neste Concello. Aínda que vivo en Madrid, sempre que podo veño á Pobra do Brollón, pois gústame a tranquilidade e a beleza da contorna, en especial, dos seus montes. Pero sobre todo, teño a ledicia de palpar o cariño me teñen os veciños e veciñas deste municipio lucense, que é totalmente recíproco pola miña parte”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo