José Tomé, candidato socialista a presidir a Deputación

O alcalde de Monforte, José Tomé, é xa, oficialmente o candidato do PSOE a presidir a Deputación despois de que a comisión federal de listas aprobara a proposta do partido galego de prescindir de Darío Campos. Asemade, Ferraz aposta por Ana González Abelleira como representante da capital no executivo provincial logo do achegamento entre a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero tras a dimisión do secretario provincial, Álvaro Santos.

Así, tras conseguir o apoio do partido para que Lugo tivera representante no Pazo de San Marcos, Lara Méndez amosábase na tarde de onte contenta de que sexa Ana González, ex edil de Benestar Social, a encargada de dar voz á capital no Salón Plenario provincial. 

Asemade, no equipo de Tomé repetirán algúns dos deputados que estuveron no equipo de Campos como son Pablo Rivera Capón, Pilar García Porto e Mayra García Bermúdez. Entre as novas incorporacións, ademáis da edil lucense, destaca a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo, o de Castroverde, Xosé María Arias, o de Xermade, Roberto García e o de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo