Kepa Junquera e Carlos Núñez súmanse ao cartel do San Froilán

Kepa Junquera e Carlos Núñez son as últimas confirmacións do cartel do San Froilán 2016. Así o confirmou esta mañá a concelleira de Cultura, Carmen Basadre.

A actuación de Carlos Núñez terá lugar o vindeiro 11 de outubro a partir das nove e media na Praza Horta do Seminario. Pola súa banda, Kepa Junquera actuará o venres 7 na Praza de Santa María e estará acompañado pola orquestra de Jazz de Galicia.

Estas incorporacións súmanse aos concertos xa confirmados nos que atopamos artistas como Loquillo, Abraham Mateo, María do Ceo, Fuel Fandango, Brath ou Ana Moura.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com