Lara Méndez felicita aos alumnos e alumnas do obradoiro municipal EmpregaTIC polo seu esforzo e constancia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, felicitou hoxe no MIHL aos alumnos e alumnas do obradoiro municipal de emprego EmpregaTIC, co gallo do evento TEDxRúaSanFroilan patrocinado pola entidade local. O EmpregaTIC permitiu a formación de 15 mozos e mozas e mellorar as súas posibilidades de inserción laboral nun nicho de emprego como as novas tecnoloxías. No acto tamén estiveron presentes a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e o delegado da Xunta en Lugo, José ManuelBalseiro.

A rexedora destacou “o excelente labor realizado polos alumnos e alumnas, que fixeron un gran traballo, permitíndolle á cidadanía que poida consultar os arquivos dixitalizados noutros obradoiros de emprego do Concello”. Tamén lembrou a importante aposta do Goberno Municipal pola formación das persoas desempregadas e pola xuventude, “xa que son o futuro de Lugo e por iso queremos que os nosos mozos e mozas se poidan quedar aquí na súa cidade e ter un traballo de calidade”.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na xornada de presentación dos traballos desenvolvidos no EmpregaTIC , organizado en colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Concello de Lugo. O dirixente territorial felicitou ao alumnado do mesmo polo traballo realizado e amosouse esperanzado en que a formación teórica e práctica recibida permita afrontar “con máis éxito o reto da súa incorporación ao mundo laboral”.

Neste senso, significou que tanto o contido do obradoiro, que se desenvolveu no ámbito das novas teconoloxias multimedia, un sector de futuro, como o feito diferencial de que estes programas de emprego da Xunta dan dereito a obter un certificado profesional acreditativo, sirvan como avais para ganar posibilidades de atopar un traballo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com