Lara Méndez “a forza sindical é máis necesaria ca nunca”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este venres na apertura do congreso de UXT no que se constituíu a nova Federación de Empregados e Empregadas dos Servizos Públicos (FeSP) da organización sindical, na que se unen a federación de servizos públicos e a de ensinanza. Na súa intervención, a rexedora reivindicou como “máis necesaria ca nunca a forza sindical porque temos no noso país máis de 4 millóns de homes e mulleres en situación de desemprego polos que hai que seguir loitando e moitísimos traballadores en precario. As federacións de servizos públicos e a de ensinanza sábeno moi ben porque sufriron en primeira persoa as políticas de austeridade, axuste e recortes dos últimos anos”.

Tanto os partidos políticos, como os sindicatos, subliñou Lara Méndez, “somos un instrumento para conseguir un fin, que non é outro que loitar porque a sociedade siga avanzando con igualdade de oportunidades”, subliñou a rexedora, quen felicitou á UXT por esta unión de federacións, a cuxa executiva desexou que salga “con forza” para redobrar esforzos en defensa dos dereitos dos traballadores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo