" />

Lara Méndez presenta os Orzamentos de 2021 ante o Consello Económico e Social

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá aos membros do Consello Económico e Social, o proxecto de Orzamentos  do Concello de Lugo para 2021. A rexedora presidiu a reunión telemática deste órgano de participación, do que forman parte representantes dos grupos políticos municipais, o empresariado, os sindicatos, a Universidade e outras administracións como a Xunta e a Deputación provincial. As contas municipais foron, así mesmo, aprobadas na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe. Deste xeito, a tramitación dos presupostos continuará o martes coa Comisión de Contas, para ser sometidos a debate nun Pleno extraordinario que se celebrará o vindeiro venres 18.

Lara Méndez asegurou que os orzamentos de Lugo para o 2021 ascenden a 106,4 millóns de euros, crecendo un 6,5% respecto ao pasado exercicio. “Trátase, polo tanto, dunhas contas expansivas e solidarias, pensadas para a recuperación do municipio, co principal obxectivo de saír reforzados da situación de crise social e económica derivada da pandemia”.

Neste senso, por primeira vez desde que o Concello acadou débeda cero no 2017, no mandato anterior, as contas municipais recorrerán a endebedarse en 7 millóns de euros para reforzar as políticas sociais e aumentar o esforzo inversor. Así, no 2021 destinaranse a estas políticas 31,2 millóns de euros, o 29,3% do orzamento, “que será o máis alto da historia da cidade destinado a fins sociais”.

Por outra banda, o capítulo de investimentos crece un 40%, pasando de 10,4 a 15 millóns de euros, o que supón, sostivo Lara Méndez, que “se investirá 14 euros de cada cen porque Lugo non pode nin debe frear o seu crecemento, e para iso é necesario desenvolver grandes e pequenas actuacións, que mellorarán a vida e o entorno da nosa veciñanza e mobilizarán recursos económicos, axudando tamén dese xeito á recuperación”.

As liñas xerais dos investimentos, nos que serán transversais a perspectiva de xénero e de loita contra o cambio climático, buscan ampliar os espazos públicos peonís; novas urbanizacións; mellora do patrimonio; máis zonas verdes e espazos de esparcemento e deportivos, así como parques infantís e canís, e melloras da conectividade, mobilidade e alumeado, tanto nos barrios como no rural.

“Escurantismo crónico”

Unha presentación a realizada pola rexedora da capital lucense que os populares non tardaron en criticar. O PP acusaba aos grupos do goberno de cínicos minutos despois desta reunión telemática. Falaban así logo de que o Goberno Municipal non consensuaran os orzamentos. O vicevoceiro popular, Antonio Ameijide estivo presente neste Consello Económico e Social que tildou de paripé e que asegurou que, tras pouco máis de 20 minutos de duranción, o Goberno Local non aportou documentos que permitan o estudo destes presupostos. O popular, lamentaba así, o que tildou de “escurantismo crónico” do Goberno.

O vicevoceiro popular lamenta que o goberno se una para impedir que accedamos a esta documentación e se compromete a que o seu grupo, cando teña posibilidad, analizará as cifras económicas para o vindeiro exercicio. De entrada chámalles a atención que se esté pedindo un
crédito de sete millóns de euros cando non foron capaces de gastar os cartos que teñen en conta, nin tampouco de executar nin o 15% do orzamento do ano 2019 destinado para proxectos contemplados no capítulo de investimentos.

Ameijide explicou que tamén os sindicatos expresaron a súa queixa por la escasez de documentación así como polas últimas privatizacións de servizos, algo que dende o Grupo Municipal Popular levamos anos denunciando, e que pediron unha mesa de seguimento dentro do consello económico e social para comprobar a evolución dos proxectos que se presupostan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo