Lectura de poemas de Rosalía para celebrar o 180 aniversario do seu nacemento

Lugo celebrou este venres o 180 aniversario do nacemento de Rosalía cunha lectura pública da súa obra, que tivo lugar nos soportais da Casa do Concello, dende as 12:00 ás 14:00 horas. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, foi a encargada de abrir dita lectura, coa que o Concello, coa colaboración de Agora Cultural, rende homenaxe ” a unha das máis célebres escritoras galegas, unha persoa que, non só como escritora, senón tamén na súa faceta feminista, reivindicou o noso idioma nun momento moi complexo”, tal e como a definiu a rexedora.

Nesta lectura tamén participou o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e as Concelleiras de Economía e Cultura, Ana Prieto e Carmen Basadre, respectivamente, así como outros membros da Corporación e o Deputado de Relacións Institucionais e Goberno Interior, Álvaro Santos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo