" />

Lete Lasa resalta a importancia para o deporte do novo campo de fútbol de Pantón e a Pista de Pádel

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou na mañá de hoxe os concellos lucenses de Pantón e Sober para visitar as obras realizadas pola Xunta de Galicia no exercicio de 2019 e que xa están completamente rematadas. Ambas actuacións responden a unha das liñas de traballo máis importantes da Secretaría Xeral para o Deporte que se ocupa da construción e reforma das infraestruturas deportivas. Neste 2020 a Xunta de Galicia continuará incidindo nesta liña de traballo poñendo a punto o mapa de infraestruturas deportivas de toda Galicia e, nomeadamente, da provincia de Lugo.

No caso de Pantón, a Secretaría Xeral para o Deporte cofinanciou a realización da construción dun campo de fútbol de adestramentos. O investimento total alcanzou os 71.300,44 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 35.000 euros e o goberno local os restantes 36.300,44 euros. Deste modo a actividade deportiva do concello medrará substancialmente e será toda unha mellora para o Campo do Baliño onde xoga os seus partidos o Ferreira Club de Fútbol que actualmente avanza con paso firme no grupo sétimo da Segunda Rexional e ao que o secretario xeral desexou a mellor das sortes para o ascenso.

En Sober, o responsable da carteira do Deporte galego visitou a pista de pádel executada pola Xunta de Galicia cun investimento total de 25.000 euros (24.999,62 euros) financiados integramente polo Goberno galego. Alí, o secretario xeral destacou a importancia desta instalación por tratarse dun deporte como o pádel que aínda non atopou o seu teito e continua medrando polo que amosou o seu convencemento de que a pista de Centeás provocará un aumento da actividade deportiva na veciñanza de Sober.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Luis Díaz
    Feb 12, 2020 - 02:09 PM

    SÍ,sí, la pista de pádel fue muy reivindicada por la vecindad de Sober, ahora que tal demanda está cumplida, esperan impacientes que Don José María Aznar, primera figura de este deporte y del PP pase por la comarca a darles una Master Class. Eso sí, habrá que informarles que necesitan comprar un chándal blanco y una raqueta, lo del mono azul de la granja y acortar el mango del sacho, como que no.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo