Liberada unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Monforte

Unha persoa foi liberada logo de envorcar o vehículo no que viaxaba en Monforte. O accidente tivo lugar na estrada que une Monforte e As Nocedas. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro por parte dun particular ás 14:45 horas.

Decontado, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, a Protección Civil, aos Bombeiros de Monforte e á Garda Civil de Tráfico, que se desprazaron ao lugar. A dotación dos Bombeiros achegou un equipo de excarceración co que liberaron ao ocupante do turismo. Posteriormente, a vítima foi trasladada por Urxencias Médicas ao centro hospitalario de referencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com