Licitado o último dos 7 proxectos de renovación da rede de abastecemento previstos para este ano

O Goberno local de Lugo vén de concluir os procedementos previstos dentro do Plan Municipal para erradicar o fibrocemento da traída pública. A Xunta de Goberno local adxudicou esta mañá a Contrucciones Sanle Lugo as obras de renovación da rede de abastecemento da rúa Armórica, o derradeiro dos 7 proxectos contemplados para este ano. A intervención terá un prazo de execución de 6 meses e afectará a 40 acometidas.

A licitación que se autoriza esta semana é a última das que comprende esta iniciativa municipal, logo de que xa se atopen en curso as das rúas Bataneira e Figueira, Escultor Asorei, Rei don García e Aviación Española, a marxe dereita da avenida Marqués de Ombreiro así como noutras sete vías do barrio da Cheda.

“O obxectivo – sinalou a alcaldesa – é substituír as tubaxes actuais por outras de fundición, máis duradeiras e á vez máis sostibles, co fin de mellorar o servizo que se presta á cidadanía pero tamén de facelo máis eficiente porque conleva a diminución do número de avarías que se producen sobre a rede de distribución”.

Este Plan, para o que a área de Medio Ambiente mobilizou 1,2 millóns de euros, suporá a actuación en 250 acometidas da capital. Cun maior esforzo nas contornas de Fingoi, Marina Española e a Cheda por ser nelas nas que se concentraba a meirande parte de incidencias.

“En total, serán substituídos 4.080 metros de tubaxes e se procederá, asemade, á renovación completa das beirarrúas, que suman 6.550 metros de pavimento, actuando así, de forma integral, sobre estas vías”, sinalou a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com