" />

Lidia Senra denunciará diante da Unión Europea as políticas comerciais da banca

A eurodeputada galega Lídia Senra denunciará diante do Parlamento Europeo o “endurecemento das políticas comerciais que están a levar a cabo as entidades financeiras e o incremento da presión á que se están sendo sometidos os traballadores e traballadoras para que coloquen produtos financeiros tóxicos que a clientela non demanda”. Senra comprometeuse ao inminente rexistro de preguntas por escrito á Comisión Europea nas que instará ao organismo comunitario a tomar medidas para que “non recaia a responsabilidade de colocar estes produtos tóxicos nos traballadores e traballadoras dos bancos e para que non volva suceder algo similar ao acontecido hai pouco cos paquetes de preferentes e subordinadas”. De feito a Directiva Comunitaria 2014/65/UE coñecida como MIFID II e desenvolvida polo órgano regulador comunitario Europea de Mercados), coloca no tellado do/a traballador/a a responsabilidade, mesmo patrimonial, á hora de colocar estes produtos de risco. A eurodeputada considera que “debería aplicarse un mecanismo para regular esta situación e impedir que a banca  comercial poida ofrecer produtos de risco e que sexan oficinas especializadas as que, a petición dos clientes, presten este tipo de servizos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo