" />

Liorta entre BNG e PP polo anuncio do reparto de mascaras infantís

Logo do anuncio do Goberno Municipal de Lugo que se entregaría 3000 mascaras infantís a nenas e nenos de Lugo, os populares acusaron ao BNG de utilizar o reparto de mascaras infantís “para facer política” e, nese senso, criticaron o xeito no que se está a levar a cabo esta entrega. Os populares desconfían do sistema que se vai utilizar para o reparto “no que dúas concellerías nacionalistas, Educación e Participación Cidadá, distribuirán a nenos e nenas de Lugo 3.000 máscaras co único requisito de que estean empadroados no municipio”.

O popular Javier Vázquez, razoa que “tendo en conta que hai uns 13.000 menores de 15 anos no municipio, as 3.000 máscaras que anunciaron van repartir non chegan nin ao 20% da poboación infantil co que se pregunta: cal vai ser o criterio para súa distribución?”.

Para o PP de Lugo é unha incognita saber “ata onde van chegar as máscaras que se anunciaron hai unha semana” recriminándo aos nacionalistas que fagan anuncios e cren espectativas falsas na poboación. “Empezaron as saídas dos nenos e foron incapaces de ofrecer nin unha soa máscara para os pequenos” manifestaba Vázquez.

Non se fixo agardar aresposta por parte do BNG que por medio da concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza respondeu ás acusacións do Partido Popular indicando que “desde o goberno municipal estamos contactando cos provedores para garantir que as nenas e nenos de Lugo teñan máscaras no menor prazo de tempo posíbel”. Cristina López pediu ás concelleiras e concelleiros do PP “que se sumen á protección dos nenos e nenas e deixen de inventar polémicas” xa que “no Partido Popular teñen contacto directo cos responsables do goberno da Xunta e poderían sumarse a este iniciativa en vez de criticala”. López afirmou que “en breve comezarán a chegar as máscaras adquiridas polo concello”.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Abr 28, 2020 - 04:00 PM

    Sempre fala o máis apropiado. Só miran para o seu ombrigo, non se lembran do que fan eles. Nin das que facian(ata os mortos vota an). Esta claro que non lles corre a auga para o prado

    Reply
  2. Avatar
    Marola Canto Arena
    Abr 28, 2020 - 10:02 AM

    EU aún estoy esperando pola miña mascarilla.

    Reply
  3. Avatar
    José Penas
    Abr 28, 2020 - 02:43 AM

    Parece mentira que un Ayuntamiento como el de Lugo no sea capaz de tener listas las mascarillas para los niños antes de empezar a salir a la calle. Primero la propaganda y luego si tal ya veremos….que pasa…Estos del Bng acostumbran a publicar el carro antes que los bueyes.

    Reply
  4. Avatar
    Luis Díaz
    Abr 27, 2020 - 07:03 PM

    Manda carallo cos do PP, vamos… os mais indicados pa falar de utilizar a xente con fins electoralistas

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo