Listo o dispositivo que garantirá o proceso electoral do 28A

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o importante dispositivo que se desenvolverá na provincia para garantir o proceso electoral do 28 de abril. Isabel Rodríguez explicou que nas eleccións xerais están chamadas a votar na provincia de Lugo 345.037 persoas, das que 278.291 son residentes nos 67 concellos e 66.746 residen no exterior.

Nestes comicios, os lucenses escolleremos 4 deputados no Congreso e 4 senadores. Na nosa provincia, son 12 as candidaturas proclamadas para o Congreso e outras 12 para o Senado.

Respecto da loxística preparada para a celebración das eleccións, a subdelegada do Goberno informou de que na provincia haberá un total de 541 mesas electorais. Ademais, imprimíronse un total de 3.000.000 de papeletas das distintas candidaturas que se presentan ao Congreso dos Deputados e 250.000 papeletas para o Senado.

Para formar as mesas electorais foron elixidos, mediante sorteos celebrados en todos os concellos da provincia, un total de 3.246 persoas. Ademais, 417 representantes da Administracións encargaranse de verificar a correcta  apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos do reconto do voto.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Pilar Choren Soilan
    Abr 12, 2019 - 03:47 PM

    Un buen corte de pelo no le vendría mal.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com