Lixeiro repunte de positivos logo de detectarse un gromo en Sarria

A retirada do virus frea o seu ritmo hoxe na provincia de Lugo. Se ata o momento, nas últimas dúas semanas, os casos activos viñan descendendo nunha media diaria de ao redor dos 35 pacientes; hoxe ese baremo tan só descendeu en 8 persoas. Certo que, descenso é descenso, pero non hai que esquecer que esta freada vén dada, en gran parte, por un aumento dos contaxios detectados na última xornada. 

E é que, segundo os datos ofrecidos polo SERGAS e recompilados ata as 6 da tarde de onte, as probas PCR detectaron 17 positivos novos na provincia. Este aumento, normal a finais de semana, vén dado ademáis por un gromo detectado en Sarria e que conta con máis de 10 casos xa confirmados. Segundo os datos ofrecidos por Sanidade, o gromo está focalizado nunha familia do centro da localidade que traballa nunha granxa; ademáis de controlar os posibles contactos destas persoas contaxiadas, o SERGAS realizará un cribado na explotación así como na parroquia onde está ubicada e no edificio onde vive a familia.

Os baremos restantes continúan practicamente igual que na xornada anterior. Continúan en aumento as altas médicas que hoxe chegan ás 11.376; doutra banda a presión hospitalaria sigue en descenso con 2 casos menos en plantas de hospitalización nas que suman, entre todos os hospitais da área sanitaria, 18 casos. Mentres, na UCI do Hula continuan a ser 6 os pacientes covid que se recuperan en críticos. Asemade, hoxe tampouco hai que lamentar falecidos pola covid na provincia. 

De todos os xeitos e malia que as cifras totais da provincia e da comunidade galega, en comparanza coas estatais, son moi boas, non hai que esquecer que o virus continúa connosco e ninguén está libre de contaxios. Tanto é así que Sanidade vén de programar cribados nos concellos de Chantada e Paradela.

Ambos municipios están a elevar a súa incidencia acumulada nas últimas xornadas; así Chantada conta con 13 casos diagnosticados nas últimas dúas semanas, o que supón para o concello unha incidencia de entre 150 e 250 casos por cada 100 mil habitantes. Doutra banda, Paradela, con tan 14 casos detectados na última semana chega a unha incidencia de 750 por cada cen mil habitantes. Ambos concellos elevarán este venres o seu nivel de restriccións, no caso do municipio chantadés quedará en nivel II e, no de Paradela situarase, xunto á Pobra do Brollón, no nivel máis alto de limitacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com