" />

Localizan falecido ao home desaparecido en Ribas de Sil

O home de idade avanzada que desapareceu o pasado nove de maio en Ribas de Sil foi atopado falecido esta tarde. O achado produciuse nunha zona rochosa de Augas Mestas, en Quiroga.

O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do home o nove de maio, ás 16:30 horas, a través do GES de Quiroga.

A partir de aí, dende o CIAE 112 Galicia púxose en marcha un operativo coordinado pola Garda Civil no que tamén participaron Protección Civil de Ribas de Sil, a Unidade de Drons da Axega, o Grupo de Rescate Canino do Bierzo e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo