" />

López Orozco reúnense coa Confederación de Empresarios de Lugo

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, acompañado doutros integrantes da mesma, mantiveron un encontro coa Confederación de Empresarios de Lugo, representada por varios dos seus membros, na sede da entidade.

A candidatura socialista convocou esta xuntanza coa finalidade de escoitar as opinións e demandas dos representantes das asociacións empresarias e empresas lucenses e serviu para dialogar sobre a situación actual do sector e as súas perspectivas de cara ao futuro.

As suxestións e ideas que se recolleron na reunión teranse en conta para elaborar o programa electoral co que os socialistas lucenses concorrerán ás eleccións municipais do próximo 24 de maio.  Nas próximas semanas os socialistas lucenses seguirán celebrando encontros con outros colectivos empresariais, veciñais e sociais para atender as súas opinión e confeccionar un programa electoral participativo coas achegas de diferentes entidades lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo