Loureiro: “É indignante que o PP non se acordara de Viveiro cando sucedeu a riada en Xunqueira”

A Vicesecretaria de Relacións Institucionais do PSOE Provincial e Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, lamentou esta mañá que o Presidente da Xunta de Galicia, a Presidenta do Parlamento e o Deputado do PP pola provincia de Lugo “só se acorden de Viveiro en campaña electoral e non viñeran, ningún deles, cando sufrimos a riada no barrio de Xunqueira. Paréceme ben que veñan á Semana Santa de Viveiro pero tamén quero que veñan cando os necesitamos, pero por desgraza iso non pasa, só veñen a sacarse a foto”.

“É lamentable que durante esta semana desfilaran polo Concello varios cargos do Partido Popular, facendo o paripé co candidato do PP á alcaldía, pedindo un museo para a Semana Santa. Non o digo pola proposta, pois todo o que sexa potenciar unha das sinais de identidade de Viveiro como é a Semana Santa paréceme estupendo. Dígoo porque non tiveron a dignidade de vir nin un día a Xunqueira a ver como estaban as máis de 40 familias afectadas pola catástrofe. Feijóo mandou á Conselleira de Infraestruturas porque debía de ter cousas máis importantes que atender”.

María Loureiro denunciou que “todos eles, incluído Jaime de Olano, son conscientes da situación na que está o barrio e que aínda queda moito traballo para recuperar a totalidade da zona. E o saben porque convoquei unha Comisión Informativa no Concello, na que estaban representantes do PP, para trasladarlles o informe hidrográfico que nos chegou de Augas de Galicia no que se nos esixe tomar medidas e reconstruír a zona cun orzamento de 500.000 euros, achegando esa cantidade entre Concello e Deputación. É dicir, nos din que os viveirenses nos busquemos a vida porque eles non van a colaborar economicamente. Unha vez máis o Partido Popular na Xunta de Galicia nin está nin se lle espera”.

“Agardamos que a próxima vez que veñan a Viveiro teñan a decencia de pasarse por Xunqueira e falen cos veciños afectados. A ver si así se dan conta de que fan falta novos investimentos do goberno galego e menos fotos de políticos”, concluíu a rexedora.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo