Louzao: “Mal empeza o novo Goberno cando non foi oficialmente constituido e xa hai follóns”

A portavoz municipal de Cidadáns en Lugo, Olga Louzao, afirmou esta mañá que “mal empeza o novo Goberno cando non foi oficialmente constituido e xa hai follóns entre o PSOE e o Bloque por como chamarlle ás concellerías”.

Para Louzao, este primeiro “encontronazo” entre os socios do Goberno é “un mal augurio de cara ao que resta de mandato“. “Esperemos que esta falta de sintonía que xa comezan a mostrar o PSOE e o Bloque en Lugo non sexa o que lle agarde á cidade de Lugo nos vindeiros catro anos”, asegurou a voceira deCiudadanos no Concello.

Segundo expresou a voceira de Cs “non estaría de máis que Lara Méndez e Rubén Arroxo se desen conta de que hai asuntos máis importantes por resolver que o nome das áreas e os cargos de cada un”, polo que lles pediu “á alcaldesa e ao vicealcalde” que “se poñan de acordo canto antes e empecen a traballar dunha vez”.

Para a portavoz de Cidadáns, “hai problemas que non poden agardar e que requiren de decisións e actuacións urxentes“, como é o caso, dixo, de “aproveitar o verán para pintar os pasos de peóns, que non se ven despois de catro anos sen tocarlles, ou rozar as pistas da zona rural, para garantir a visibilidade e a seguridade viaria e evitar o risco de incendios”.

Tamén considerou urxente Olga Louzao cuestións como “a promoción turística no verán, a posta en marcha dos vieiros escolares seguros de cara a que estean funcionando no comezo do vindeiro curso, a preparación do vindeiro San Froilán ou a creación da agardada praia fluvial”. “Rubén Arroxo comprometeuse a que se gobernaba a praia fluvial no Miño estaría funcionando este mesmo verán. Agardamos que non comece o mandato faltando á súa palabra”, insistiu a portavoz  Cidadáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com