Lugo acollerá a xornada Rugby Galego Solidario o vindeiro sábado na cidade

O concelleiro de Deportes no Concello de Lugo, Miguel Fernández, e o dirixente da mesma área na Deputación, Pablo Rivera Capón, xunto co Xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Cadramón, e os presidentes da Federación Galega de Rugby e o Club Muralla, Ignacio Cociña e Iago Cobas, presentaron o torneo Rugby Galego Solidario que terá lugar o vindeiro sábado día 9 desde as 10:30 horas no estadio  Gregorio Pérez Rivera

No acto, Miguel Fernández fixo alusión á tradición que existe na nosa cidade con respecto a este deporte dende fai anos, invitando aos amantes do rugby a asistir a esta xornada de carácter solidario, cuxa recadación servirá para paliar, en parte, os gastos afrontados por un ex-xogador por mor dunha grave lesión. Do mesmo xeito, o deputado, Pablo Rivera, aproveitou para destacar “a colaboración por parte do Goberno Provincial” que se enmarca na aposta polo fomento do deporte en todas as súas modalidades e asegurou que “estamos especialmente satisfeitos de apoiar esta cita polo seu carácter solidario, e agardo que se converta nunha gran festa do rugby galego”.

Os presidentes da federación galega o do club organizador do evento quixeron agradecer ás institucións o apoio prestado para a celebracións desta xornada solidaria. Así, tras unha mañá chea de presentacións, tanto de patrocinadores, como de logos ou balóns oficiais do rugby galego, o prato forte a nivel deportivo chegará pola tarde coa disputa dun triangular entre os tres equipos galegos de división de honra: Crat de A Coruña, Ourense Rugby e Vigo RC. Esta xeira de partidos dará comezo ás 17:00 horas e tras o remate haberá un terceiro tempo que contribuirá a ampliar a confraternidade de toda a familia do rugby galego.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com