Lugo celebra o Día da Optometría co colexio de Ópticos de Galicia

Lugo celebrou hoxe o Día da Optometría xunto ao colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia, dedicado, nesta edición á presbicia, que sufren o 45% dos galegos e galegas. Para elo, o colexio instalou unha carpa informativa na Praza Maior, diante da Casa Consistorial, ata onde se achegou a Alcaldesa de Lugo.

Durante a visita, a rexedora insistiu na importancia da prevención para a saúde visual. Así mesmo reivindicou a inversión na sanidade pública e avogou por un acceso igualitario á saúde visual, ao tempo que fixo fincapé na importancia da profesión, en crecemento, de óptico-optometrista.

Este colexio oficial, que preside Eduardo Eiroa, mantivo ao longo da xornada de hoxe esta mesa informativa e diversas ópticas da cidade informarán ás persoas interesadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com