Lugo Centrum convida a gozar do centro no Nadal

Papá Noel e o Apalpador estarán a partir desta tarde polo centro da cidade de Lugo para reunirse cos nenos e nenas da localidade. Así o luns a partir das 17.00 horas Papá Noel, estará nos arredores da Casa do Concello para recoller todas as cartas que os máis rezagados aínda non enviaron.

Contacontos, teatro, obradoiros ou paseos en cabaliños mecanizados son só  algunhas das actividades que Lugo Centrum e a Federación de Comercio organizan dentro da campaña Vive o centro este Nadal para a que contan co apoio da Deputación e do Concello de Lugo.

O Voceiro do Goberno provincial, Álvaro Santos Ramos, xunto coa Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, o Presidente de Lugo Centrum CCA, José Luis Pérez, e o Presidente da Federación de Comercio, José María Seijas, presentaron hoxe esta campña coa que as entidades encherán o centro con máis de 40 actividades gratuítas  dirixidas, na súa maioría, aos máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.

O Voceiro destacou que “o que buscamos é dinamizar o casco histórico da cidade de Lugo con actividades para os máis pequenos para que así, os pais poidan facer as súas compras no comercio local. Son ademais unhas datas festivas nas que, como non podía ser doutro xeito, os nenos e nenas son os protagonistas”.

Méndez López animou a todos os pais a facer as súas compras no comercio local, nos establecementos á pe de rúa e de proximidade, ao tempo que os nenos poden desfrutar da amplísima oferta de actividades que haberá no centro da cidade durante todo o Nadal.

Seijas e Pérez apuntaron que o Nadal é unha das épocas máis importantes para o comercio local. Non en vano as compras durante estas datas representan do 25% das vendas anuais, superando o 30% en tendas infantís ou droguerías, o que da mostra da necesidade de realizar campañas de impulso e dinamización do comercio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com