Lugo desprega unha ampla progración de actividades para celebrar o Día da Muller

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, presentou hoxe as actividades que programou o Concello para conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra este xoves, 8 de marzo. As actividades arrincarán ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello, coa entrega dos premios Entre Mulleres, que vai dirixido aos colectivos feministas de Lugo. Posteriormente, ás 11:30 horas, terá lugar, diante da Casa Consistorial, a inauguración do proxecto Recuerda, levado a cabo por Bonhomía Asociación en colaboración coa entidade local, e que en días posteriores realizará un pecorrido por diferentes espazos da cidade. Unha vez feita á inauguración, porcederase á lectura dun manifesto, un texto común tratado no Foro de Igualdade.

Xa en xornada de tarde, no Vello Cárcere entregaranse os premios Son Muller, unhos galardóns organizados pola Asociación de Empresarias da provincia de Lugo, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, co obxecto de poñer en valor o traballo das empresarias luguesas.

No acto, González Abelleira, quen puxo en valor o éxito da folga nacional celebrada onte en Vigo, convidou á sociedade a participar nesta programación coa que se tenta visibilizar ás mulleres invisibilizadas e co que se pretende continuar loitando pola igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.

O venres 9 de marzo, o centro cultural do Vello Cárcere acollerá, ás 20:30 horas, a conferencia O sexto sentido, as matemáticas, impartida por Elena Vázquez, enmarcada na programación de Achegando a ciencia ao Vello Cárcere. Para o sábado está previsto un concerto, no patio do Vello Cárcere. Será a cargo de Viviane, cantante de orixe francesa. Arrincará ás 20:30 horas. A entrada para esta actuación, enmarcada dentro de Música mesturadas, é de balde ata completar cabida.

Para rematar a fin de semana, o domingo, como vén sendo habitual, celebrarase a XV Marcha pola Igualdade, con saída ás 12:00 horas da Praza Maior e con recorrido polo adarve da Muralla. A partir das 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere, proxectarase o documental Cambia de papel, elaborado pola ONG Implicadas no Desenvolvemento. A longametraxe está dirixida e producida por María Reimóndez, fundadora do colectivo, o actor Luis Tosar e a escritora Kutti Revathi. É un documental duns 35 mintuos, no que se contan 11 historias en primeira persoa, no que ademais do propio Tosar e Reimóndez, participan 9 mulleres indias.

Ademais destas actividades, o xoves día 5 de abril, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, terá lugar a representación da obra 5 mulleres que comen tortilla, a cargo da compañía Señora Supina. Entre as actividades para conmemorar o Día da Muller, o Concello tamén ten preparada unha proba deportiva, dentro do Circuíto Larsa Corre con Nós, que se converterá no Corre con Elas o 15 de abril, ás 12:00 horas, polo paseo de Ombreiro. Tamén, durante o mes de marzo, nas ociotecas municipais do programa Aprende Xogando, levarase a cabo un programa de fomento de igualdade.

“Por que facemos folga o 8M?”

O centro social Uxío Novoneyra acollerá mañá ás 19:00h no seu Salón de Actos a charla organizada pola agrupación comarcal de Esquerda Unida en Lugo co título “Por que facemos folga o 8M?” para explicar as reivindicacións do movemento feminista e a necesidade de secundar este paro, tanto laboral como de traballo doméstido, de consumo e estudiantil. A conferencia estará impartida pola avogada e membro da direcicón nacional de Esquerda Unida Loreto Taibo.

Esta acción enmárcase na campaña de sensibilización por parte de Esquerda Unida en apoio da Folga Feminista de 24 horas convocada por organizacións feministas a nivel estatal e internacional para este xoves con motivo do Día da Muller Traballadora, e súmase a proposición plenaria presentada polo grupo municipal ACE-EU que saíu aprobada no pasado Pleno ordinario cos únicos votos en contra de PP e Ciudadanos. Ademais, esta charla forma parte dun programa nacional de coloquios convocados por Esquerda Unida baixo o epígrafe “Co feminismo nos talóns” que trata diversos temas ademáis da folga, como a fenda salarial de xénero, os mitos patriarcais do amor romántico ou a explotación sexual das mulleres a través da trata e a prostitución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com