" />

Lugo e Ourense as provincias onde a pensión media é máis baixa

O Estado Español inicia unha nova andadura coa esquerda ao mando. O socialista Pedro Sánchez da man de Pablo Iglesias (Podemos) e outras moitas formacións, conseguiron, tras moita negociación, chegar á Presidencia do Goberno Central.

E, como non podía ser doutra forma, entre as promesas feitas en campaña atopábase a suba das pensións. Unha suba que se fixo efectiva onte coa aprobación do decreto polo Executivo. Unha revalorización do 0,9% ás pensións de xubilación de decembro.

A pesares de que, agora, a contía media estatal a cobrar por un xubilado se sitúa en 1,153,84 € mensuais; hai certas provincias, que continúan a ser as esquecidas do Goberno. Con suba e todo, á cola das pensións sitúanse dúas provincias galegas: Lugo e Ourense.

A prestación por xubilación sitúase nestas provincias moi por debaixo – en torno a 300 euros- da media estatal. Os xubilados de Lugo, de media, cobran uns 855 euros mentres que os de Ourense, rondan os 800. Incluso, moi alonxados dos nosos veciños da Coruña e de Pontevedra que contan cunha pensión media en torno aos 1026 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo