Lugo, entre as cidades españolas coa auga máis barata

A cidade de Lugo é unha das cidades españolas coa auga máis barata, segundo o último estudo realizado pola Organización de Consumidores e Usuarios (OCU), que realizou unha análise sobre o prezo da agua en 53 cidades españolas para un consumo medio anual de 175 metros cúbicos, que se corresponde co consumo dunha familia de catro membros.

No caso de Lugo, a pesar de contar con instalacións de moderna xeneración, co custe de mantemento que esto supón, posee unha das tarifas máis baixas, un euro por metro cúbico por debaixo do prezo medio da agua en España, que é de 1,66 euros por metro cúbico. Os lucenses pagan 0,66 euros por metro cúbico, é dicir 198 euros anuais, moi lonxe dos 2,01 euros por metro cúbico, 510 euros anuais, dos residentes na cidade máis cara do territorio, Murcia.

Ademais, Lugo continúa a ter unha das tarifas máis económicas de auga a pesar do canon de saneamento imposto pola Xunta de Galicia, que obrigou ao Concello a aboar máis de 1,3 millóns de euros o pasado ano 2015 á Comunidade Autónoma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com