" />

Lugo homenaxea a Cristian Toro, primeiro campión olímpico lucense

O Concello de Lugo recibiu este xoves ao campión olímpico Cristian Isaac Toro, a quen a alcaldesa, Lara Méndez, e a Corporación municipal, en nome do pobo lucense, lle renderon tributo polo seu triunfo nos Xogos Olímpicos de Río na competición K2-200 xunto a Saúl Craviotto, proba na que acadou o primeiro posto. A Alcaldesa presidiu o acto, no que estiveron presentes o Deputado provincial de Deportes, Pablo Rivera, o presidente e vicepresidente do Club Fluvial, Tito Valledor e Luis Ramos Misioné, e o técnico de piragüismo deste club, José Antonio Fernández “Mus”, así como a nai e o irmán de Toro, o primeiro lucense gañador dunha medalla de ouro olímpica.

O pasado 25 de maio, cando Toro visitou o Concello tras acadar a Copa do Mundo, a alcaldesa pediulle ao padexeiro do Club Fluvial que volvera dos Xogos de Río cunha medalla de ouro, pois o Concello estaría coas portas abertas para recibilo. E así o fixo. Esta mañá Isaac Toro, arroupado polo calor e a admiración de máis dunha trintena de persoas, achegouse á Casa Consistorial para compartir con Lugo o seu éxito en Río. 

Durante o acto, a alcaldesa subliñou o vínculo con Lugo dende hai 12 anos do deportista, quen con 16 anos xa competía a nivel internacional coa selección española júnior, proclamándose campioa de Europa; ao tempo que poñía en valor a traxectoria deportiva de Toro. “Todo esforzo e superación ten o seu premio, e Toro con esta medalla de ouro acábao de conseguir”, asegurou Méndez, quen subliñou que esta medalla é un recoñecemento aos valores que conleva o deporte, como o compañeirismo ou o espírito de superación, valores que transmite á perfección Isaac, así como á importancia do deporte de base.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo