Lugo lidera a iniciativa ‘Muller e Motor’ que aposta pola igualdade nos circuitos

O Concello de Lugo lidera este ano a iniciativa piloto pioneira en Galicia Muller e Motor que aposta por levar a igualdade aos circuítos de karts e de aí ás probas de rallies, achegando ás nenas e as mulleres este deporte asociado historicamente ao sector masculino.

Para mostrar o seu total apoio a esta iniciativa, a alcaldesa de Lugo estivo hoxe ás 13.30 horas en Augas Férreas para subirse nun kart e probar o circuíto na súa xornada inaugural na cidade. A rexedora, que estivo acompañada tamén por varias mulleres pilotos da Federación Galega de Automobilismo, anunciou que para celebrar esta iniciativa todas as nenas e mulleres que o desexen poderán probar un kart de forma gratuíta este domingo de 12.00 a 14.00 en Lugo, coa posibilidade opcional de recibir formación por parte dun profesional da Federación para iniciarse neste deporte.

O circuíto lucense da duodécima edición deste consolidado evento do motor estará na cidade, en Augas Férreas, desde hoxe venres 22 ata este domingo 24 de xuño en horarios de 12.00 a 14.00 e de 16:30 a 21:30. O que naceu como unha proposta para facer accesible este deporte a todos os públicos converteuse na maior plataforma do automobilismo galego.

Nenas e nenos desde sete anos e adultos sen límite de idade poderán gozar da experiencia de conducir un kart. XiraKarting, que xa pasou por Ourense, recalará a continuación en Vigo (do 5 ao 8 de xullo) e A Coruña (do 19 ao 22 de xullo).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com