Muralla Lugo Muralla Lugo

Lugo, mellor destino turístico accesible de España

A cidade de Lugo foi elexida como destino turístico mellor adaptado de España para persoas con problemas de mobilidade, dentro dunha iniciativa impulsada por segundo ano consecutivo pola empresa especializada en solucións de accesibilidade ThyssenKrupp Encasa, para seleccionar o Destino Turístico Accesible de España a traveso das redes sociais.

Lugo recibiu o maior número de apoios de entre un total de 44 municipios que promoven a eliminación de barreiras arquitectónicas, cun total de 5.109 votos, seguida de Ourense, con 3.963 e Allariz, con 919. Entre todas as candidaturas presentadas rexistráronse máis de 16.400 votos a través da web www.destinoaccesible.es

“Recibir este recoñecemento segue a liña de traballo municipal de impulsar a Lugo como destino turístico accesible”, asegurou o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen tamén enmarcou esta iniciativa na aposta do Goberno Municipal pola igualdade e pola defensa dos dereitos básicos de todos os veciños e veciñas, co fin de conseguir unha sociedade máis igualitaria.

Neste senso, Fernández lembrou que o Concello de Lugo apoia o labor de colectivos que traballan de cara a integración cultural e social das persoas con discapacidade, como AUXILIA, unha colaboración que se articula a través do Gabinete Municipal de Accesibilidade, que nos últimos anos permitiu actuar con eficacia para eliminar as barreiras arquitectónicas e adaptar a cidade a todos aqueles que vivan ou visiten o Concello.

O voceiro tamén fixo fincapé no Premio Reina Sofía de acesiblidade universal que recibiu o Concello hai 8 anos ao tempo que destacou algunhas actuacións realizadas polo entidade local como unha guía de turismo accesible. “Lograr este distintivo, e que ademais sexan os propios cidadáns os que axudaron a logralo, é un acicate relevante para continuar a traballar a favor dunha accesibilidade universal, da igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da sociedade”, destacou Fernández.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com