Lugo Monumental apoia a campaña pola redución de horarios en hostalería

Algúns dos hostaleiros máis recoñecidos da cidade veñen de propoñer a redución de horarios nos locais de hostalería, unha medida moi secundada por propietarios e traballadores e a que, agora, únese a asociación de empresarios Lugo Monumental.

A proposta, que xurdiu dun grupo de hostaleiros propón pechar cociñas ás 15.30 horas e ás 23.30 h para mellorar os horarios dos locais. Preténdese así acabar cunha tendencia que, cada vez, obriga aos traballadores a pechar máis tarde os negocios, provocado un efecto dominó, segundo indica a asociación, que chega a afectar a outras empresas do sector, como poden ser os establecementos de ocio nocturno, que ven reducida a súa actividade.

Lugo Monumental enviou hoxe aos seus asociados un comunicado no que se adhire a esta iniciativa, como fixo anteriormente a Asociación Provincial de Hostalería (APEHL) e anima aos seus asociados do sector a seguir esa directriz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo