" />
Lugo monumental

Lugo Monumental intentará recuperar a Semana de Exaltación da Cultura e a Arte

A Asociación Lugo Monumental celebrará esta tarde ás 16:30 a súa asemblea anual na sede da Asociacion Provincial de Empresarios de la Construcción (APEC). Segundo os Estatutos da Asociación de comerciantes, que establecen un mandato de dous anos, renovarase a Presidencia, para a que será reelixido Luís Latorre ao non haber máis candidaturas.

Así, a asociación avanzou xa que seguirá a súa política de non pedir subvencións para manter a súa independenciae que, neste ano, retomarán accións como o Samaín e tentarán recuperar unha iniciativa que tivo lugar en 1995: a Semana de Exaltación da Cultura e a Arte de Lugo (SECAL) e que buscará a promoción dos artistas locais en combinación cos establecementos da zona.

Por outra banda, a Directiva exporá á asemblea a integración na Plataforma en Defensa do Museo da Romanización, xa que os Estatutos da Asociación obrigan a este trámite para poder entrar en calquera organización. Se esta proposta prospera, a Asemblea mostrará o seu compromiso co Museo en San Fernando unha vez descartada (por imposibilidade técnica segundo a Xunta) a idea defendida por Lugo Monumental dun Colexio Público no vello Cuartel.

Asemade, esta tarde a Asociación repasará as actividades levadas a cabo en 2019, tanto as que supuxeron un éxito máis que evidente como é o caso do xa tradicional Milagre de San Vicente ou a nova celebración do Samaín, como aquelas que,segundo os asociados, non funcionaron como se esperaba, o que inclúe algunhas das accións levadas a cabo en Nadal, que non tiveron a eficacia desexada.

Como é habitual, unha vez celebrada a asemblea, Lugo Monumental publicará as contas na súa web, a pesar de non ter obriga algunha por manterse con recursos privados. Para o ano 2020, a asociación conta cun orzamento inicial de 5.000 euros, contando exclusivamente coa achega de aproximadamente 100 socios (a día de hoxe cóntase con 103, pero prevense peches por xubilación dalgúns locais).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo