Lugo ofrécese para a atención e acollida de inmigrantes e refuxiados do Aquarius

O Concello de Lugo, a través da Consellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, enviou hoxe sendas comunicacións ás federacións de municipios de Galicia e España (Fegamp e Femp) para poñer a disposición os recursos e instalacións dos que dispón para a atención e acollida dos inmigrantes e refuxiados do buque Aquarius.

Así o anunciou o voceiro municipal, Miguel Fernández, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, na que explicou que esta comunicación se produce despois de que a entidade local contactara nos últimos días coa ONG Accem e a Cruz Vermella, organizacións que, por protocol,o se ocupan da atención a inmigrantes, e que na mesma o Concello lembra os dispositivos cos que conta e pide instruccións para artellar a colaboración da maneira máis efectiva posible.

O Concello ofrece os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal, ademais de toda a rede de prestacións e axudas sociais coas que conta. O voceiro municipal puxo en valor a decisión do Goberno central de tomar a iniciativa ante unha emerxencia humanitaria como a do Aquarius, o que demostra o perfil solidario do novo Executivo e o seu cambio de paradigma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo