Lugo presentarase ao Access City Award, o galardón europeo de accesibilidade, tras ser recoñecido como destino turístico accesible

O Concello prepara a candidatura de Lugo para presentar ao Access City Award, o galardón europeo de accesibilidade que recompensa aos municipios de máis de 50.000 habitantes polo seu labor continuado na mellora por adaptar os espazos públicos a todas as persoas que viven ou visiten a cidade. A entidade local preséntase a este galardón tras ser distinguido o pasado ano como mellor destino turístico accesible, un premio posto en marcha a través dun concurso por unha empresa líder en solucións de accesibilidade, distinción que se sumou ao Premio Reina Sofía de accesibilidade.

A  presentación ao Access City Award enmárcase na aposta do traballo municipal por acadar unha accesibilidade universal, pola igualdade de oportunidades, da dignidade das persoas e da autonomía da cidade, co fin de facela máis integradora. Deste xeito, a entidade local entrega unha memoria onde se recollen as actuación e accións que o Concello levou a cabo nos últimos anos en aras de eliminar as barreiras arquitectónicas e conseguir unha igualdade real e efectiva.

Entre estas accións destaca a creación dunha Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas e a posta en marcha do Gabinete Municipal de Accesibilidade, onde se garante a participación de colectivos de persoas con problemas de mobilidade. En materia de accesibilidade, o Concello no último ano sinalizou 43 novas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida en diferentes puntos da cidade, acometeu obras de mellora en rúas así como a accesibilidade á muralla.

A día de hoxe, o Concello ten aberto o prazo de presentación de ofertan para acometer as obras de accesibilidade na Praza Maior, da Soidade e Pío XII, que consisten en substituír o adoquín, que supón unha dificultade de mobilidade, por un itinerario de baldosa de granito.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com