Lugo, primeira cidade galega en arrancar o Apadriña un Monumento

O Concello de Lugo é o primeiro de Galicia en pór en marcha un programa de apadriñamento do patrimonio, unha inicitativa que naceu en Nápoles no ano 1992. Para elo aproveita unha dobre oportunidade: o inicio das tarefas de cara a recompilación do traballo para converter o casco hitórico da cidade en Ben Mundial e e o Ano Europeo do Patrimonio, unha gran ocasión para enxalzar o patirmonio cultural e natural de Lugo a través dos seus monumentos.

Da conxunción destas dúas circunstancias nace o programa Lugo é Mundial, que presentou esta mañá, coincidindo co Día Internacional dos Monumentos, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada do presidente e o xerente da Fundación Uxío Novoneyra, entidade colaboradora da iniciativa, Uxío Novoneyra e Óscar Penín.

Tal e como explicou a edil, esta iniciativa nace para implicar a comunidade, principalmente a escolar, co seu patrimonio, así como para afondar no coñecemento do patrimonio de Lugo e para crear e difundir o traballo dos profesionais da cultura entre a poboación máis nova. É polo tanto un programa de coñecemento do patrimonio local.

Farase a través da colaboración entre a entidade local, os e as docentes e o alumnado, que seleccionará un elemento patrimonial do seu interese (monumento, documento ou tradición, ente outros), comprometéndose a coidar del, a dalo a coñecer e a facer propostas de como consevalo. O profesorado propoñerá unha serie de actividades a realizar para mellorar o coñecemento do monumento, tales como visitas ou obras de teatro. Así mesmo, os centros implicados recibirán a visita de profesinais da cultura que axuden a afondar na comprensión do patrimonio apadriñado.

O programa estenderase ata o 18 de abril de 2019. Nace cunha grande acollida entre os centros educativos de Lugo, pois son 7 colexios e institutos os que xa se atopan traballando dentro do programa, 5 máis os que están a piques de confirmar a súa participación, 17 as aulas implicadas e máis de 350 os e ás estudantes comprometidas coa portección do patrimonio. A día de hoxe, son 15 os monumentos apadriñados ou  en proceso de apadriñamento, como a Casa Consistorial, o río Miño, o Camiño Primitivo ou Ánxel Fole.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com