Lugo rende homenaxe literaria a Begoña Caamaño homenaxeada nas Letras Galegas 2026

O templete da Praza Maior de Lugo converteuse nun espazo de reivindicación e celebración da literatura galega coa realización dunha lectura pública dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño. O acto, organizado polas plataformas Queremos Galego e Lugo Lingua Viva, reuniu numerosas persoas arredor do lema “Begoña Caamaño nas nosas voces”, nunha iniciativa que quixo reivindicar o compromiso coa lingua da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026.

A homenaxe permitiu percorrer diferentes etapas da súa produción literaria e xornalística, poñendo en valor unha escrita marcada pola reflexión crítica, a perspectiva feminista e a defensa firme da lingua galega.

Unha revisitación feminista dos mitos clásicos

A primeira parte do encontro centrouse na lectura de fragmentos de Circe ou o pracer do azul, a primeira novela de Begoña Caamaño, publicada en 2009 , a través desta novela, a autora reinterpretou os mitos clásicos grecolatinos desde unha óptica contemporánea e feminista, ofrecendo novas lecturas das figuras femininas tradicionalmente relegadas ou deformadas pola visión patriarcal da historia e da literatura.

Tamén tiveron presenza destacados fragmentos de Morgana en Esmelle, novela coa que Caamaño afondou na chamada Materia de Bretaña e no universo mítico artúrico. Nesta obra, a escritora dialoga de maneira explícita coa tradición literaria galega representada por Álvaro Cunqueiro, especialmente co seu Merlín e familia, mais ofrecendo unha

A reivindicación da xornalista comprometida

O acto non se limitou á faceta literaria da autora, senón que tamén puxo o foco no seu labor como xornalista e activista social. As entidades organizadoras lembraron o compromiso permanente de Begoña Caamaño co feminismo e coa defensa da lingua galega, aspectos que marcaron tanto a súa traxectoria profesional como a súa vida persoal.

Durante o encontro destacouse que Caamaño “estaba vinculada a todas as causas xustas”, unha afirmación que resume a dimensión ética dunha autora que entendeu sempre a palabra como ferramenta de transformación social. Os seus artigos xornalísticos, publicados ao longo de anos en distintos medios e espazos de opinión, caracterízanse por unha mirada crítica e comprometida.

Manifestación o 17 de maio en Compostela

As entidades organizadoras aproveitaron tamén a celebración para animar á cidadanía a participar na manifestación en defensa da lingua galega convocada para o vindeiro 17 de maio ás 12.00 horas na Alameda de Santiago de Compostela. Segundo explicaron, habilitaranse autobuses desde Lugo para facilitar a asistencia a dita mobilización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com