" />

Lugo supera os 200 casos Covid logo de se detectar preto de 50 positivos dende o venres e tan só 23 altas

Fin de semana de suba de casos activos de covid 19 que xa superan os 200 logo de detectarse preto de medio centenar de positivos e de tan so 23 altas médicas dende o venres. 

Mentres toda Galicia avanza a pasos enormes cara unha cuarta vaga da Covid, a área sanitaria de Lugo, Cervo e Monforte parece manterse en cifras bastante estables. Malia que durante a fin de semana sumaronse 32 casos activos, o certo é que se debeu en gran medida a un gran aumento dos positivos detectados durante a xornada do venres, 23, que logo foron remitindo; e un baixón importante das altas médicas que pasaron das 18 do xoves ás 10 do venres. 

Así, no último informe do SERGAS con datos recabados ata ás 6 da tarde de onte, revélase un total de 205 casos activos, como dicíamos 32 máis que os informados o venres pero 13 máis que no día de onte. 

En canto os contaxios, o SERGAS cifra os positivos detectados na última xornada en 16, 6 máis que os detectados o sábado ou o xoves, pero 7 menos que os localizados polos sanitarios durante o venres. 

Un baile de cifras que haberá que esperar a ver cómo se desenvolve ao longo desta semana para poder confirmar se se trata dun aumento real de casos que se prolongará no tempo ou tan só dunha xornada anecdótica. 

O que si se mantén estable é a presión asistencial que continúa nas mesmas cifras que o venres, malia terse celebrado algunha alta hospitalaria e algún ingreso. Así, o Hula conta con 4 pacientes covid en planta de hospitalización logo de dar unha alta o venres; por outra banda o Hospital da Mariña, gañaba o sábado un paciente covid en planta chegando aos 3 ingresados; mentres que no de Monforte que perdía un paciente o sábado volvía a ingresar onte outro caso covid. Así no total das unidades convencionais da provincia se rexistran 8 pacientes covid, mentres que en UCI se rexistran no día de hoxe 3 pacientes, todos no HULA.

Doutra banda, hoxe entran en vigor novos cambios nas restriccións dos concellos na Comunidade galega, que non afectan, desta volta á area sanitaria de Lugo, que continuará, a lo menos ata o venres coas mesmas medidas. Así o Concello de Barreiros continúa en nivel alto de restriccións, mentres que Meira, Trabada e A Pobra, están no nivel medio. O resto de concellos da provincia se manteñen no nivel máis baixo de limitacións establecido pola Xunta.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo