" />

Lugonovo denuncia a desprotección da cidadanía no uso do leiraparking

Lugonovo insta ao goberno local a delimitar as prazas do Leiraparking do Hula ante a indefensión que provoca nos usuarios a ausencia desta sinalización.

A portavoz do Grupo Municipal explicaba que esta mesma mañá unha condutora botou horas agardando a que os turismos que lle taponaban o paso abandonasen o recinto para poder saír do estacionamento. “Cando esta persoa chamou á Policía Local para dar conta do que sucedía a contestación que lle deron foi que non podían intervir porque na parcela non estaba definido o espazo que lle corresponde a cada coche e, sen un ordenamento ao respecto, os axentes non poden facer absolutamente nada”, indica Cristina Pérez Herráiz.

“É dicir, que un polo outro, a casa sen varrer”, simplifica a voceira da formación. “O que non é de recibo é que, ao final, a prexudicada sexa sempre a mesma: a cidadanía. Que bota man dunha dotación pública e logo atópase absolutamente desprotexida porque, ante calquera problema, ningunha autoridade vela, nin parece ter responsabilidades en que se faga un uso axeitado da mesma”.

Pérez Herráiz urxe ao executivo a regular de forma inmediata a utilización do aparcadoiro e sinala que “era cuestión de tempo que xurdiran estas complicacións. Á actuación non se lle pode chamar outra cousa máis que chapuza. So hai que ollar o estado de conservación no que se atopa o terreo, cheo de foxas de tamaña dimensión que xa semellan fendas tectónicas. Nin medio ano duraron as instalacións un mínimo acondicionadas – reprocha a portavoz, outra intervención que tamén lle solicitamos ao equipo de goberno”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo