Lugonovo denuncia colas de máis dunha hora no Rexistro Xeral da Xunta

A agrupación Lugonovo denunciou hoxe colas de máis dunha hora no Rexistro Xeral da Xunta e fíxoo poñendo o exemplo desta mesma mañá. En torno ás 11.30 e segundo explica a formación asamblearia unhas 55 persoas agardaban no recibidor do edificio multiusos para ser atendidas no Rexistro.

Entre elas, mulleres embarazadas, nais con crianzas ou anciáns que botan de pé unha media dunha hora para poder realizar un trámite de apenas uns minutos. Lugonovo instaba aos responsables, tras coñecer esta realidade, a mellorar o funcionamento deste servizo esencial ao considerar que se trata dunha situación insostible para o cadro de persoal do departamento autonómico así como un trato ineficiente para a cidadanía.

A organización cualifica o acontecido como “unha afronta máis da Xunta á poboación lucense” contra a que chaman á sociedade “a rebelarse e a reivindicar ante a administración galega o garante dunha calidade mínima nas prestacións que oferta”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jua Nyllo
    Abr 09, 2019 - 09:47 PM

    Yo la semana pasada tenía el número 59 y estaban en el 18.
    Cerca de 2 horas de espera para arreglarlo en 2 min.
    Vergonzoso.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com