" />

Lugonovo denuncia que a Xunta estaría a cobrar de máis polo canon da auga en Lugo

Lugonovo insta ao goberno local a iniciar unha campaña de información aos usuarios para que comproben canto pagan pola taxa, pois cabe a posibilidade de que estea a cobrar , mais do que corresponde.

“Nin un euro de máis á Xunta e menos a cambio de nada. O Grupo Municipal Lugonovo propón que o Concello inicie unha campaña informativa destinada a que o consumidor só pague o que lle corresponde polo canon da auga”.

Santiago Fernández Rocha explica que o devandito canon é unha taxa que factura a administración local pero que percibe a Xunta. “Faino ademais seguindo un criterio inversamente proporcional entre o número de residentes na vivenda e a cantidade de litros de auga consumidos: cantas máis persoas, menos canon. Sen embargo, estamos convencidos de que ningún dos dous organismos está a publicitar entre os abonados a letra pequena do cálculo, o que propicia que moitos deles paguen máis por este concepto do que deberían”.

Se non se especifica cantas persoas conviven na mesma casa – continúa o voceiro de Lugonovo – a lei establece unha presunción de tres membros por fogar e, segundo iso, lle aplica por defecto un gravame”. E traslada o que acontece co seguinte exemplo: “unha vivenda, na que se consuman 30 metros cúbicos de auga ao trimestre, se ten rexistrados 5 residentes, paga polo canon deses tres meses un total de 1’53 euros. Pero se non se notifican os integrantes da unidade familiar, a Xunta presupón que son tres e, polos mesmos litros, cobra 8’10€; é dicir, 6’57€ de máis”.

Os edís e a edil de Lugonovo cren que debe ser o Concello, como emisor dos recibos, quen advirta á poboación de que se están a cometer estes excesos e os asesore sobre como tramitar a súa corrección a través de Augas de Galicia. Refiren, ademais, o caso de Valdoviño (A Coruña), onde a información que recolle os descontos que se poden solicitar e como pedilos figura na páxina web municipal, a diferenza do que acontece aquí.

Porque proceda dunha institución non é menos abuso. E neste caso, non se pode considerar doutra maneira. Os lucenses non recibirán ningunha contrapartida polo millón dous centos mil euros que a Xunta recolleu con este tributo doméstico en 2016 na nosa cidade”, porque O goberno autonómico non investirá un peso no saneamento de Lugo en 2017 e, polo tanto, non merece recadar nin un euro de máis da veciñanza. Así que todo o que levou de máis xa alcanza a categoría de doazón altruísta”, lamenta Fernández Rocha. O goberno autonómico non investirá un peso no saneamento de Lugo en 2017 e, polo tanto, non merece recadar nin un euro de máis da veciñanza”.

O portavoz da formación salienta que, con este proceder, se pode considerar que o executivo autonómico non respecta o concepto finalista do canon. “O propio Decreto 136/2012 que o regula estipulaba que a taxa debía reverter no mesmo obxectivo que xustificou a súa recadación. E só cómpre visitar as parroquias do rural para ver canto están de saneadas e como repercutiu nelas este imposto”, conclúe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo