" />

Lugonovo esixe á Xunta e Concello que aclaren a situación do novo auditorio

O novo Auditorio de Lugo, permanece en estado de “completo abandono”, mentres, non remiten as diferenzas entre Xunta e Concello que impiden a súa posta en funcionamento, relata a voceira de Lugonovo, quen denuncia a situación actual das instalacións “mentres o presidente da Xunta e a alcaldesa da cidade manteñen un silencio que vén de longo”.

A portavoz de Lugonovo Cristina Pérez lembrou como en abril de 2016 o “presidente da Xunta gababase publicamente de ter resolto o agravio histórico que o atraso nas obras tras a sinatura do convenio de construción constituíra para a cidade, afirmación que se contradí co feito de que case un ano e medio despois o edificio continúa sen estar dotado e por tanto sen uso de ningún tipo”.

Cristina Pérez lamentou tamén a indefinición do citado convenio canto ás responsabilidades de dotación, que non outorga claramente nin á Xunta nin ao Concello. “Esta falta é a base do problema actual”, sinalou. “Ademais, mentres continúa esta parálise observamos a degradación da obra, sen ter sido sequera inaugurada”, afirmou.

Por outra banda, a Xunta de Galicia intenta aproveitar a situación para negociar a asunción da dotación do edificio, valorada nuns 4 millóns de euros, en troco de obter beneficios fiscais relativos ao pagamento do IBI en varios edificios autonómicos da nosa cidade”, engadiu. Esta solución non redundaría en ningún beneficio para a facenda local xa que as exencións fiscais propostas “ao cabo de varios anos equivalerían ao importe aforrado polo Concello ao non asumir a dotación do auditorio”.

Ante esta situación, a portavoz de Lugonovo reclamou coñecer exactamente a situación actual e se se está a elaborar un novo convenio para a dotación do edificio e en que termos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Ago 22, 2017 - 03:51 PM

    E digo eu, si a noticia e de Lugo novo, que faí na foto Villares

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo