" />

Lugonovo non apoiará ningunha candidatura para ás Xerais

Onte tivo lugar unha asemblea de Lugonovo para avaliar a posibilidade de apoiar a algunha das candidaturas que se van presentar ás Eleccións Xerais pero, “ante a diverxencia de opinións expresadas nela, Lugonovo decidiu permanecer fiel á súa pluralidade fundacional e manterse neutral nas vindeiras eleccións xerais”, declararon fontes da plataforma.

Esta é unha mala nova para a candidatura das Mareas por Lugo, que lidera Miguel Ánxo Fernán Vello, o candidato que máis papeletas tiña para ser avalado por Lugonovo, que quedará, deste xeito, sen este importante apoio.

Segundo Lugonovo “cabe explicar que isto non significa que as/os adheridas/os a Lugonovo non vaian participar nas eleccións do 20 de decembro, senón que a plataforma como suxeito diverso optou por non dar un apoio explícito a ningunha candidatura, á espera dun renovado proceso que se abrirá de cara ás eleccións galegas”.

“Queda así patente a nosa vontade de transcender o ámbito municipal e á que non renunciamos, como xa se demostrou na primeira reunión de mareas que tivo lugar o pasado 13 de agosto e pola que seguiremos a traballar”. Máis do 50% da asemblea votou a favor da neutralidade(40 votos), 24 foron a favor dunha candidatura unitaria e catro abstencións.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo