" />

Lugonovo participa estes días na Conferencia Anual REALPE en Bruxelas

A portavoz de Lugonovo participa estes días na Conferencia Anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas que se celebra en Bruxelas.

Cristina Pérez Herráiz acode a esta cita política xunto a unha trintena de alcaldes, concelleiras/os e persoas con responsabilidades no eido municipal de diferentes rexións galegas vencelladas a En Marea. Ao Parlamento Europeo chegan nunha visita promovida pola eurodeputada Lidia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea / Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), organizadora do encontro.

Nas xornadas desenvolveranse varios paneis de debate e coloquio nos que se abordarán, entre outros, asuntos relativos á vivenda social e á especulación así como as desigualdades, o avance do fascismo en Europa e a visión progresista das comunidades locais. Pérez Herráiz asiste co ánimo de analizar o contexto urbanístico e de ordenación do territorio actual, apostando pola rehabilitación e pola implantación de políticas de
vivenda e alugueiro público así como polo impulso doutras medidas de carácter social que garantan un salario, un aloxamento e unha vida dignas para a cidadanía residente en calquera parte da UE.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo