Lugonovo pide “man dura” na supervisión do contrato de vixilancia nos centros socioculturais

Lugonovo pide “man dura” na supervisión do contrato de vixilancia nos centros socioculturais, despois de que a empresa Alcor Seguridad S.L resultase gañador de dita adxudicación. O voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, denuncia que ao xerente desta empresa se lle atribúe un delito fiscal e outro contra os dereitos dos traballadores por condutas “máis que reprobables”. Neste sentido, Rocha cre que “existen indicios de que esta compañía exercía unha auténtica explotación sobre os seus empregados, aos que, presuntamente lles obrigaba a asinar fondos en branco como alternativa ao paro”.

Neste sentido, dende Lugonovo lamentan que non se atendera ao acordo plenario aprobado por unanimidade a instancias da formación no que se recolle que os pregos de contratación deberían primar as cláusulas sociais e medioambientais por enriba da oferta económico. “Un marco de principos reitores que houbera evitado o desastre que agora se aveciña e do que xa advertimos hai tempo”, lamenta Fernández Rocha.

O voceiro da formación salienta que a súa perplexidade “é absoluta” xa que esta empresa xa foi apercibida polo Concello noutras ocasións. “A Xunta de Goberno Local xa interpuxo en decembro de 2014 unha denuncia contra Alcor advertindo de supostas infraccións cometidas no contrato da vixilancia do Parque da Milagrosa e do Fogar do Transeúnte, o que lle valeu un expediente sancionador, por parte do Consello Galego da Competencia, por levar a cabo prácticas anticompetitivas. Non podemos entender como, con tódalas alarmas acesas, o executivo cae na mesma pedra unha e outra vez”, denuncia Santiago Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com