" />

Lugonovo pide a inmediata posta en marcha dunha Oficina Rural municipal

O Grupo municipal de Lugonovo denuncia que, a piques de se cumprir un ano da súa aprobación unánime, “pouco ou nada se sabe” da constitución da Oficina Rural municipal proposta por Lugonovo. Trátase dun organismo que se encargaría de dar apoio ao sector agrario da cidade, ademais de ser unha ferramenta de asesoramento e de seguemento da tramitación burocrática no eido rural.

“É outra das promesas incumpridas deste executivo. Entendemos as limitacións de persoal que ten este Concello pero existe un acordo plenario que debe ser respectado e o retraso inxustificable que arrastra este asunto danos a entender que se debe fundamentalmente a unha cuestión de desidia política”, expón o voceiro Santiago Fernández Rocha.

Rocha lembra que as últimas conversas co Goberno local sobre a Oficina Rural remítense ó mes de outubro de 2015. “Naquel momento pareceunos que se daban os primeiros pasos para concretala pero hoxe estamos seguros de que aquelo foi só unha quimera como igualmente se pode definir de espellismo o feito de defender as reivindicacións do sector só detrás dunha pancarta esquecendo a responsabilidade e a capacidade propia que a administración municipal ten para acadalas”, subliñou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo