" />

Lugonovo pídelle a Carmen Basadre que respecte ao Pleno Municipal

Lugonovo ven de emitir un comunicado onde censura a actitude da Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, logo da comparecencia diante do Pleno da edil de cultura.

Cristina Pérez Herraiz denunciou que no asunto da pista de xeo había certo escurantismo e sinalou que “Este expediente da pista de xeo parece estar feito con posterioridade e a raíz das indagacións dos grupos da oposición; eu o que quero saber é se isto é unha excepción ou é a norma no Concello”.

Asemade durante a súa intervención, Pérez Herraiz, tamén denunciou “as dificultades que se lle puxeron aos grupos interesados no estudo da contratación da Pista de Xeo para acceder ao expediente”, e amosou a súa sorpresa por que, no canto de recibir un expediente, o documento facilitado “semella máis ben un “legajo” de documentos que non seguen unha orde cronolóxica coherente”. Entre outras cousas destacou a ausencia de documentos fundamentais coma a motivación da contratación, a aprobación orzamentaria ou o visto bo de Intervención.

O comunicado da plataforma continúa, “que na súa resposta a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que non chegou a consumir nin sequera a metade do seu tempo de intervención, obviou a práctica totalidade das preguntas plantexadas polo resto de grupos e limitouse a defender novamente a contratación e a súa xestión durante todo o proceso, chegando a dicir segundo Lugonovo e, “nun alarde de fachenda que a instalación da pista de xeo foi unha boa idea, pero aquí as boas ideas non gustan, eludindo coma de habitude a súa responsabilidade nun proceso que, a todas luces, semella ser completamente irregular”.

Esta situación “é máis grave se cabe polo feito de que a señora Basadre durante a comparecencia, amosou claramente a ausencia de respecto que algúns representantes aínda amosan polo resto do Pleno e pola cidadanía en xeral”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo