" />

Lugonovo pídelle a En Marea que solicite no Congreso infraestruturas necesarias para Lugo

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, iniciou esta mañá os primeiros contactos co deputado de En Marea, Miguel Ánxo Fernán Vello, para que defenda no Congreso dos Deputados, unha vez tome posesión, a necesidade de diferentes infraestruturas en Lugo dependentes do Ministerio de Fomento.

Trátase de dúas accións relativas á seguridade do tráfico na Nacional VI. Por unha banda, a formación defende a construción dunha pasarela peonil que una o núcleo urbano co estadio Anxo Carro e co Pazo de Feiras e Congresos. Ademais piden coñecer a situación na que se atopa a tramitación para deseñar a rotonda que facilita a incorporación entre a Nacional VI e a Aceña de Olga, a altura de Alfonso Décimo O Sabio.

Dentro das propostas relacionadas coa capital que promoverá En Marea, figura, así mesmo, a demanda doutra pasarela sobre a Rolda Norte. “Outro compromiso máis de Fomento con Lugo que levou o vento e que se pospón continuamente de maneira inxustificada dende hai unha década”, subliñou o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo